top of page

Bases

  1. Para participar tedes que estar matriculados en Primaria ou Secundaria Obligatoria, e sempre o faredes baixo a coordinación dun profesor/a responsable, quen vos inscribirá a través do formulario da páxina "Inscríbete"

  2. Recoméndase que antes do inicio da competición vos teñades rexistrado na plataforma Scratch

  3. Cada concursante dispón de 20 minutos para xogar ós 4 videoxogos propostos, podendo repartir o tempo como mellor estimedes.

  4. Os videoxogos da competición penduraranse nesta páxina ás 8.30h da mañá do martes 16. O concurso estará aberto de 8.30 a 14.25h

  5. O profesorado responsable en cada centro tomará nota dos puntos que obtén cada parella, realizando unha foto/captura de pantalla do resultado. Os mellores resultados de cada centro enviaranse ó correo electrónico cachavideo@gmail.com, indicando nome do centro, nome do profesor/a, nome do/da concursante, e un teléfono de contacto 

  6. Suxerimos que os resultados se twitteen co hashtag #STARgal e mencionando o @iesacachada

  7. Non poderá usarse internet nin móbil durante a proba

  8. O profesorado responsable velará porque se cumplan as normas de participación en cada centro

  9. Establécese un premio por categoría, que consistirá nun kit de robótica para cada centro gañador

bottom of page